mercoledì 26 dicembre 2012

A discriminación das discriminacións

Na noite entre o 24 e o 25 de decembro como pequeno regalo de nadal persoal, ás 2:22 da mañá rematei Testo Yonqui, de Beatriz Preciado, un libro que levaba case 3 meses lendo. Líao desde hai tanto tempo porque é un libro tan cheo de información que necesitas de tempo para que esta información se asente. Tamén levou tanto tempo porque lin moitos outros libros/cómics e tamén un libro que me foi recomendado por E. D. En catalán.
Testo Yonqui  foime regalado por M. B. e axudoume moitísimo a ver claramente moitas cousas que tivera in the back of my mind durante toda a miña vida. Algo así pasárame só coa miña outra grande paixón: a Permacultura. Sempre tiven os conceptos da Permacultura en min, mais nunca soubera darlle un nome antes de participar a unha reunión de Permacultura en Vancouver ao final de 2008.
Testo Yonqui  fala de moitas cousas, mais podemos resumilas nunha palabra: Feminismo. Mentres podo poñer unha fecha ao meu contacto coa Permacultura, co Feminismo a cousa foi gradual, mais lenta e inesorabile. Entrei en contacto cos conceptos fundamentais do Feminismo durante un curso de literatura anglo-americana na Universidade de Sevilla en 2007. Daquela falamos das orixes e das primeiras batallas do feminismo empezando desde a feminista inglés Mary Wollstonecraft. Despois lin Borderlands/La frontera, a ópera fundamental de Gloria Anzaldúa --que fala de identidade, diversidade e fronteiras-- para a miña tese. Por fin fun á presentación de Queer-emos un mundo novo - Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións.
Coñecer M. B., ler Queer-emos un mundo novo, mudar a Barcelona e ir a moitas actividades feministas, rematar Testo Yonqui, ler moito no internet empezaron a poñerme ao día e empezo agora a entender e usar moitos conceptos que eran para min escuros (ou simplemente descoñecidos).


Sempre me opuxen a calquera tipo de discriminación (en  moitos casos tamén da discriminación positiva) e de guetización, mais pensaba no Feminismo como en algo co que se pode (e se debe) simpatizar, mais do que se teñen que ocupar maioritariamente as mulleres. Isto non ten  ningún sentido; eu ocupeime de discriminacións raciais non sendo nin negro, nin mexicano, nin chicano, mais a forza das ideas patriarcais é verdadeiramente enorme. Son estas ideas, as ideas da sociedade que nos creamos que non me fixeran ver ata agora que a discriminación máis potente e normalizada é a que vai en contra das mulleres. É unha discriminación omnipresente; tan enorme que non é fácil de ver polos homes, mais sobre todo polas mesmas mulleres. É unha discriminación aceptada por (case) todxs —homes e mulleres heteronormativxs, polo menoscomo algo normal. Aínda que xa o concepto de home e muller sexa moito máis complexo do que a sociedade nos quere facer crer. Cal é a distinción entre macho e femia? Os órganos sexuais? As hormonas? O que sentimos que somos? Son eu tan home coma os outros bio-homes que coñezo ou, máis ben, cada un é diferente dx outrx?

A única cousa importante é que é preciso que todxs falemos destes conceptos. Que abramos os ollos (e que os fagamos abrir) diante das discriminacións diarias, tanto as máis evidentes canto as menos evidentes e seica moito máis perigosas.
O Feminismo non é algo só de mulleres, nin moito menos. É algo que nos afecta todxs.
Absorbendo toda a información en Testo Yonqui funo vendo sempre máis claramente, ata chegar cara ao final do libro, cando Beatriz Preciado o pon de maneira moi clara: 

a partir de los años ochenta los sujetos excluidos por el feminismo biempensante comienzan a criticar los procesos de purificación y la represión de sus proyectos revolucionarios que ha conducido hasta un feminismo gris, normativo y puritano que ve en las diferencias culturales, sexuales o políticas amenazas a su ideal heterosexual y eurocéntrico de mujer. Se trata de lo que podríamos llamar, tomando la expresión de Virginie Despentes, el despertar crítico del «proletariado del feminismo», cuyos malos sujetos son las putas, las lesbianas, las violadas, los bio-hombres disidentes, las marimachos, los y las transexuales, las mujeres que no son blancas, las musulmanas..., en definitiva, casi todos nosotros.

Sempre me gustou intentar describirme co menor número posible de adxectivos. Chegara a 3, mais agora vexo que necesito 4: nómada, permacultor, feminista, ecléctico.

Nessun commento:

Posta un commento