sabato 27 aprile 2013

Un dia de chuvia preto do mar


Decides ir visitar X.L, mais xa sabes que o sábado ela non vai estar. Onte pola noite quedastes durmidxs —despois duns viños— antes de empezar a parte que non che fai durmir en [Rec]. Como onte sabías que hoxe X.L. non estaría e estarías so na súa casa, pensaches ir ver S.M. e R.R.B. na cidade mais un tempo atlántico —como todas as amigas que viches ou que querías ver— faiche decidir de non saír e de ficar na casa de X.L. co can durmido e de escribir este post na lingua atlántica que dominas mellor.

O tempo dos últimos dous días deuche morriña de Compostela, mais os pensamentos que tiveches son moi diferentes. Teñen que ver con historias, procesos e as súas realizacións. 
Todas as historias que coñecemos —nos filmes como nos libros— teñen un principio, unha parte central e un final. Desde sempre o principio das historias é a parte que me interesa máis porque é onde se presenta a historia e desde onde nosotrxs como lectorxs podemos facer hipóteses sobre como seguirá. Os finais tamén sonme interesantes —se están ben feitos—, mais a parte central é normalmente a da que gosto menos.
Nestes días decateime de que este amor polos principios das cousas aplícase tamén aos procesos. Nos traballos que estamos a facer en Can Valldaura tiven e teño moitas ideas sobre cosas que se poden facer. A máis importante ata agora foi a de cambiar o deseño dun baño con vermicompostaxe que A.D. veu en Tamera, do que nos falou e do que nos deu os plans. Eu pensei en como adaptar o deseño ás nosas necesidades e posibilidades, realicei un deseño (parte inicial) despois empecei a pensar en como realizalo co noso profe de baños secos O.G.G., mais basicamente tiven que pensar como facelo so, porque O.G.G. marchou despois de pouco. E alí parei porque non teño a habilidade de levar á práctica as miñas ideas (parte central) para despois pasar á realización final (parte final) que tamén me gusta.
O noso profe de Permacultura J.N. díxome moitas veces que teño moitas ideas e moi boas, mais tamén díxonos que temos que seguir todas as etapas dos procesos: a parte inicial, a central e a final, mais a parte central cústame de verdade. Pasoume o mesmo con este post: tiven a idea de dous post e empecei a escribir un que unise os dous con moita ilusión. Púxenme a facer outras cousas, vin que esta noite hai un concerto moi interesante, estiven organizándome para ir, escribín una frase do post de cando en vez, pensei deixalo e agora vou rápido ata o final.
Tería que empezar a meditar para centrarme, como fai o J.N. e a ver a practicabilidade das miñas ideas.
Que vida máis dura!

giovedì 18 aprile 2013

Ch-ch-changes II

Life is made of changes. Or at least mine is, as I wrote on my last post. A long time passed between that post and this one and many more things have changed.
When I wrote the last post a very difficult period was coming to an end, or maybe that's what I wanted to believe. Since then I had the opportunity to share a lot with people from all over the world, I traveled, I built gardens on the top of buildings and on the ground, I met people who were —and are— ready to fight and live on a structure built on a rooftop and only supported by cables in order to keep their dreams alive, I climbed trees, I was sad and I was happy and I was hurt and I was alive. I changed my home, I'm building myself a new life without physically moving very much —unlike what usually happens when I change the more— and seeing new friends enjoying a chat and a drink in the last sun of the day, surrounded by trees, I'm sure that the changes that are happening are for good. Like they (almost?) always are, no matter how bad and scary and dolorous they appear at first. Most of the time it's a matter of perceptions. The problem is the solution.
I would say that besides being made of changes, life is made for changes. One needs to be able to foresee them. Needs to be open to changes. Needs not to be afraid of them. Because one only starts to live when they abandon their comfort zone —however wide it might beand start to experience life. Or maybe life —everybody's life— IS because there is change. Because otherwise it would just be an eat-sleep-work-fuck-sleep-work-die survival process. Or Produci consuma crepa (Produce, consume, die) like CCCP more elegantly say.
Life is change.