Na
noite entre o 24 e o 25 de decembro como pequeno regalo de nadal
persoal, ás 2:22 da mañá rematei Testo Yonqui, de Beatriz
Preciado, un libro que levaba case 3 meses lendo. Líao desde hai
tanto tempo porque é un libro tan cheo de información que necesitas
de tempo para que esta información se asente. Tamén levou tanto
tempo porque lin moitos outros libros/cómics e tamén un libro que
me foi recomendado por E. D. En catalán.
Testo
Yonqui foime regalado por M. B. e axudoume moitísimo a ver
claramente moitas cousas que tivera in the back of my mind
durante toda a miña vida. Algo así pasárame só coa miña outra
grande paixón: a Permacultura. Sempre tiven os conceptos da
Permacultura en min, mais nunca soubera darlle un nome antes de
participar a unha reunión de Permacultura en Vancouver ao final de
2008.
Testo
Yonqui fala
de moitas cousas, mais podemos resumilas nunha palabra: Feminismo.
Mentres podo poñer unha fecha ao meu contacto coa Permacultura, co
Feminismo a cousa foi gradual, mais lenta
e inesorabile.
Entrei en contacto cos conceptos fundamentais do Feminismo durante
un curso de literatura anglo-americana na Universidade de Sevilla en
2007. Daquela falamos das orixes e das primeiras batallas do
feminismo empezando desde a feminista inglés Mary Wollstonecraft.
Despois lin Borderlands/La frontera, a ópera fundamental de Gloria Anzaldúa --que fala de identidade, diversidade e fronteiras-- para a
miña tese. Por fin fun á presentación de Queer-emos
un mundo novo - Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións.
Coñecer
M. B., ler Queer-emos un mundo
novo, mudar
a Barcelona e ir a moitas actividades feministas, rematar Testo
Yonqui, ler
moito no internet empezaron a poñerme ao día e empezo agora a
entender e usar moitos conceptos que eran para min escuros (ou simplemente
descoñecidos).
Sempre
me opuxen a calquera tipo de discriminación (en moitos casos tamén
da discriminación positiva) e de guetización, mais pensaba no
Feminismo como en algo co que se pode (e se debe) simpatizar, mais do
que se teñen que ocupar maioritariamente as mulleres. Isto non ten ningún sentido; eu ocupeime de discriminacións raciais non sendo nin
negro, nin mexicano, nin chicano, mais a forza das ideas patriarcais
é verdadeiramente enorme. Son estas ideas, as ideas da sociedade que
nos creamos que non me fixeran ver ata agora que a discriminación
máis potente e normalizada é a que vai en contra das mulleres. É
unha discriminación omnipresente; tan enorme que non é fácil de
ver polos homes, mais sobre todo polas mesmas mulleres. É unha
discriminación aceptada por (case) todxs —homes e mulleres
heteronormativxs, polo menos—
como
algo normal. Aínda que xa o concepto de home e muller sexa moito
máis complexo do que a sociedade nos quere facer crer. Cal é a
distinción entre macho e femia? Os órganos sexuais? As hormonas? O
que sentimos que somos? Son eu tan home coma os outros bio-homes que
coñezo ou, máis ben, cada un é diferente dx outrx?
A
única cousa importante é que é preciso que todxs falemos destes conceptos. Que abramos os ollos (e que os fagamos abrir) diante das
discriminacións diarias, tanto as máis evidentes canto as menos
evidentes e seica moito máis perigosas.
O
Feminismo non é algo só de mulleres, nin moito menos. É algo que
nos afecta todxs.
Absorbendo
toda a información en Testo
Yonqui
funo vendo sempre máis claramente, ata chegar cara ao final do
libro, cando Beatriz Preciado o pon de maneira moi clara:
a partir de los años ochenta los sujetos excluidos por el feminismo biempensante comienzan a criticar los procesos de purificación y la represión de sus proyectos revolucionarios que ha conducido hasta un feminismo gris, normativo y puritano que ve en las diferencias culturales, sexuales o políticas amenazas a su ideal heterosexual y eurocéntrico de mujer. Se trata de lo que podríamos llamar, tomando la expresión de Virginie Despentes, el despertar crítico del «proletariado del feminismo», cuyos malos sujetos son las putas, las lesbianas, las violadas, los bio-hombres disidentes, las marimachos, los y las transexuales, las mujeres que no son blancas, las musulmanas..., en definitiva, casi todos nosotros.
Sempre
me gustou intentar describirme co menor número posible de
adxectivos. Chegara a 3, mais agora vexo que necesito 4: nómada,
permacultor, feminista, ecléctico.
Nessun commento:
Posta un commento