sabato 27 luglio 2013

Guiri

Una volta che emigri sei emigrato a vita
Gino Pirelli

Tenho tenho entre as pernas um engenho. Dele como, dele bebo, dele pago o que devo.
Sabedoría popular São Pedrenha 


É muito fixe ser o único estrangeiro (não português) de uma aldeia na fronteira entre Portugal e Espanha. Ser o bicho raro, como me disse o Bruno. No Portugal não há uma palavra parecida, mas são um 'guiri'.

O galego axuda, mais entender é moi difícil. Entendo o necesario para coñecer un grupo de xente marabillosa e chea de enerxías. Artistas xoves. Amigxs —a maiorí­a mulleres— que se reuniron aquí para organizar un festival nesta aldea rural —onde algunhas delxs viven— lonxe das luces da cidade. Tempo de Aldeia. Un grupo que me acolle, mais ao que son evidentemente, necesariamente externo. Un guiri.
Aquí en São Pedro do Río Seco as cousas son diferentes. A vida de aldea é moi bonita e relaxada, aínda que esta esta sexa unha aldea particular. A vida de aldea quere dicir que todxs se coñecen. Quere dicir que se poden alugar dous (2!) casas por setenta (70!) euros. Quere dicir que se pode deixar o coche no medio da rúa, coas xanelas abertas e as chaves postas. Quere dicir que cando xs urbanitas senten a necesidade de estar nunha cidade van na vila do lado onde é difícil atopar comida ás 21:30.
Mais esta aldea é particular porque está xusto ao lado da fronteira con España e coma todas as zonas de fronteira as particularidades —sociais, linguisticas, etc.— sonche moitas.
E nunca fun tan estranxeiro. Nunca vivín nun sitio sendo tan guiri. Nunca me pasara antes aínda que sexa estranxeiro desde hai moito tempo. Gosto de selo. Se es estranxeiro fáltanche moitas cousas, claro, mais ao mesmiño tempo tes moita máis liberdade. Todxs te coñecen aínda que ti non coñezas todxs. Mais sempre fun estranxeiro en situacións “controladas”, vivindo en grandes cidades (Wangaratta —que non é una gran cidade, mais onde estaba con outrxs italianxs—, Roma, Sevilla, Vancouver, Santiago de Compostela, Barcelona). Controladas porque es un dxs tantxs, tes a túa situación persoal, mais encontras outras persoas na mesma situación e en xeral a xente do sitio está acostumada a xente coma ti. Mais levaba moito tempo sen ser un guiri. Fixe!
Oda aos guiris!


PS Falto de Santiago de Compostela desde hai un ano, mais nese momento tan difí­cil para a miña patria adoptiva a lingua saí­u naturalmente. Moita forza compañeirxs!

Nessun commento:

Posta un commento