Decides ir
visitar X.L, mais xa sabes que o sábado ela non vai estar. Onte pola noite
quedastes durmidxs —despois duns viños— antes de empezar a parte que non che fai durmir en [Rec]. Como onte sabías que hoxe X.L. non estaría e estarías so na
súa casa, pensaches ir ver S.M. e R.R.B. na cidade mais un tempo atlántico —como
todas as amigas que viches ou que querías ver— faiche decidir de non saír e de
ficar na casa de X.L. co can durmido e de escribir este post na lingua atlántica que
dominas mellor.
O tempo dos
últimos dous días deuche morriña de Compostela, mais os pensamentos que
tiveches son moi diferentes. Teñen que ver con historias, procesos e as súas
realizacións.
Todas as historias que coñecemos —nos filmes como nos libros— teñen
un principio, unha parte central e un final. Desde sempre o principio das
historias é a parte que me interesa máis porque é onde se presenta a historia e
desde onde nosotrxs como lectorxs podemos facer hipóteses sobre como seguirá.
Os finais tamén sonme interesantes —se están ben feitos—, mais a parte central
é normalmente a da que gosto menos.
Nestes días
decateime de que este amor polos principios das cousas aplícase tamén aos
procesos. Nos traballos que estamos a facer en Can Valldaura tiven e teño
moitas ideas sobre cosas que se poden facer. A máis importante ata agora foi a
de cambiar o deseño dun baño con vermicompostaxe que A.D. veu en Tamera, do que
nos falou e do que nos deu os plans. Eu pensei en como adaptar o deseño ás nosas necesidades e posibilidades,
realicei un deseño (parte inicial) despois empecei a pensar en como realizalo
co noso profe de baños secos O.G.G., mais basicamente tiven que pensar como
facelo so, porque O.G.G. marchou despois de pouco. E alí parei porque non teño
a habilidade de levar á práctica as miñas ideas (parte central) para despois
pasar á realización final (parte final) que tamén me gusta.
O noso profe
de Permacultura J.N. díxome moitas veces que teño moitas ideas e moi boas, mais
tamén díxonos que temos que seguir todas as etapas dos procesos: a parte
inicial, a central e a final, mais a parte central cústame de verdade. Pasoume
o mesmo con este post: tiven a idea de dous post e empecei a escribir un que
unise os dous con moita ilusión. Púxenme a facer outras cousas, vin que esta
noite hai un concerto moi interesante, estiven organizándome para ir, escribín
una frase do post de cando en vez, pensei deixalo e agora vou rápido ata o
final.
Tería que
empezar a meditar para centrarme, como fai o J.N. e a ver a practicabilidade das
miñas ideas.
Que vida
máis dura!
Nessun commento:
Posta un commento