Visualizzazione post con etichetta hedonista. Mostra tutti i post
Visualizzazione post con etichetta hedonista. Mostra tutti i post

domenica 5 febbraio 2012

Hedonismo

“Ti es un hedonista, Romano. Toda a noite de festa bailando con rapazas guapas, ir en bici á horta, comer ao sol nunha terraza, ler poesías no parque, risotto con cabaza. Como vos coidades, Eduard, eh?!” Isto dixo o Xose, profesor de filosofía e gran amigo do meu compañeiro de piso Eduard, que “estreou a casa” con el fai 5 anos. Díxoo antes de volver con Antón á reunión do BNG ao meu volver á casa e ao contarlles da miña mañá.

A noite anterior fomos con Eduard, Xose e Antón ao Bodegón A Corredoira e despois á Gentalha do Pichel para a foliada dos de Abaixo. Os outros tres marcharon despois de pouco (o día seguinte Xose e Antón tiñan reunión do BNG), eu quedei ata pechar o Pichel.
O día seguinte (domingo) pola mañá fora en bici con Flavia (unha amiga da horta de San Pedro) á horta de Conxo para encontrarnos con Ramón (que coñecía só a través dun intercambio de mensaxes) e intercambiar experiencias de hortas comunitarias.

 Á esquerda, Flavia acolchando no medio do allo na Horta de San Pedro

Ao volvermos á cidade Flavia convidoume a xantar con ela. Flavia vive na Praza de Santo Agostiño, había sol e xantamos na terraza que da na Rúa das Ameas, xusto detrás do mercado de Abastos.

Rúa das Ameas dende a Praza de Santo Agostiño. Á esquerda o Mercado de Abastos

Ela estaba moi cansa como estivo de festa toda a noite anterior e eu marchei xusto despois de lavar os pratos. Volvendo para a casa pasei polas hortas de Belvís e decidín quedar un cacho a ler Longa Noite de Pedra nunha das bancas do parque. Quedei durmido, que eu tamén estaba moi canso!

O banco onde vou ler no Parque de Belvís. Máis abaixo, as hortas.

Entón volvín para a casa, Eduard facía a crema do café

     Eduard: “Non mires” Non mires!”
    Alessandro: “Demasiado café”
    Eduard: “Xa sei. Xa sei. Díxenche que non mirases”
    Antón: “Que tal a mañá?”
    Alessandro: contei o que acabo de escribir
    Xose: “Ti es un hedonista, Romano. Toda a noite de festa bailando con rapazas guapas,
                ir en bici á horta, comer ao sol na terraza, ler poesías no parque, risotto con cabaza. 
                Como vos coidades, Eduard, eh?!”
    Alessandro: “As cosas bonitas. Para que máis hai que vivir?”

Moitos anos esperei para poder usar esta citación de Oscar Wilde nun Marido ideal

     Lord Caversham: You seem to me to be living entirely for pleasure
    Lord Goring: What else is there to live for, father?

Isto é algo en que penso sempre moito: para que vivimos se non para facer as cousas das que gostamos? Que máis necesitamos? H.D. Thoreau pono moi claro en Walden ou A vida nos bosques; cando fala das necesitades do ser humano reduce todo ao calor e á enerxía que precisamos para crealo e mantelo.

    “Heat is life,” says Thoreau. Our food is actually just fuel to heat our bodies; our clothing 
    and shelter help us to retain the body heat.

Cando hai un teito, vestidos e comida non precisas nada máis e podes usar o teu tempo para facer as cousas que che gustan. Mais o noso mundo (que todos sabemos estar en crise) dinos que precisamos moito, moito máis e que temos que traballar para obter esas cousas. Hai moita literatura e vídeos que falan disto, mais The Story of Stuff  (con subtítulos en galego internacional, italiano, castelán) é probablemente o máis claro. No documental Annie Leonard cháma este proceso “manufacturing demand”. “Fabricar demanda”. Necesitades que de feito non temos.

    “Heat is life”.

Se posuímos unha casa, nos producimos  a comida e as cosas que precisamos (facelo é moito máis doado do que cremos) teremos todo o tempo que queremos para facer as cousas que nos gustan. Para ser hedonistas!

Agora vou preparar a pasta de dentes: prepareina (en 10 minutos) en outubro e rematou onte...